EUCOOKIELAW_BANNER_TITLE

3º concurso de debuxo

concurso motoclub

                                                                                              

3º CONCURSO DE DEBUXO MOTO CLUBE RUTA N-634

BASES DO CONCURSO:

  1. Poderán participar todos os nenos/as que cursen primaria no CEIP “ Alvaro Cunqueiro Mora “, de Mondoñedo.
  2. O concurso contará con duas categorías:
  • Unha para nenos/as de primeiro, segundo e terceiro
  • Outra para os nenos/as de cuarto, quinto e sexto.
  1. A temática dos debuxos deberá estar relacionada coas motos en Mondoñedo e a nosa concentración “ A Invernal de Galicia”.
  2. Os traballos entregaranse no colexio con fecha máxima de presentación a día 18 de Decembro do 2016; presentaranse en tamaño A4 e os datos do alumno/a irán noutro folio a parte grapado o debuxo, no que terá que constar nome e apelidos do neno e o curso o que pertence.
  3. Haberá un premio por cada categoría e dous accésit.
  4. O xurado estará formado por membros do moto clube, os cales escollerán 5 debuxos por categoría, que serán publicados no facebook do moto clube ( Moto clube ruta n634), dando por gañadores aqueles debuxos que a fecha límite ( a cal será anunciada cando se suban as fotos) conteñan mais “ ME GUSTA”
  5. Os nomes dos gañadores daranse a coñecer no CEIP “Alvaro Cunqueiro Mora “, na páxina do facebook e na páxina web “ motoclubmondonedo.es”.
  6. Os traballos pasarán a ser propiedade do Moto Clube Ruta N´634, podendo utilizalos na publicidade dos actos realizados por dita asociación, os datos persoais que se solicitan teñen como obxetivo xestionar o concurso e contactar cos participantes que resulten premiados e logo serán destruidos.
  7. A entrega de premios os gañadores terá lugar durante a concentración de motos que se celebrará os días 11 e 12 Marzo 2017, na que tamén se espoñerán a maioría de debuxos participantes.
  8. Os debuxos sospeitosos de non ser feitos polos alumnos non entrarán en concurso, reservando o xurado o dereito a esa decisión.

 

Un saudo

 Directiva Moto Clube Ruta N-634                                                                             

A %d blogueros les gusta esto: